MINARÍA, INDUSTRIA E PROGRESO

Jornadas
9:15 am - 12:00 pm

ENCUENTRO EMPRESARIAL:

MINARÍA, INDUSTRIA E PROGRESO: OS RECURSOS NATURAIS COMO MOTOR DA ECONOMÍA GALEGA

 

Galicia precisa reconectar coa súa esencia produtiva. A minaría responsable pode ser o primeiro elo dunha cadea de valor que pase pola transformación metálica, a I+D+i e a sustentabilidade social, convertendo recursos naturais en oportunidades reais para o desenvolvemento sustentable e a dinamización económica da rexión.
 
Non podemos permitir que Galicia deixe escapar unha oportunidade estratéxica: unir a forza da industria coa potencia dos nosos recursos minerais, sempre con criterios de sustentabilidade e proximidade. Contamos contigo para deseñar o mapa da Galicia produtiva do século XXI.
 
O encontro ‘Minaría, industria e progreso: os recursos naturais como motor da economía galega’ organizado por ASIME, en colaboración con Cobre San Rafael, pon en valor un fío condutor que sempre existiu nas nosas terras: a riqueza do subsolo e a súa capacidade para reactivar cadeas produtivas.

 

PROGRAMA DA XORNADA:
 
9:25 h. Presentación do evento e apertura institucional a cargo de Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME.
 
9:40 h. Relatorio por parte de Fernando Díaz Riopa, director do Proxecto Cobre San Rafael, no que se afondará na relevancia desta iniciativa para o tecido empresarial galego, con especial énfase no seu impacto directo nos concellos de Touro e O Pino. Durante a súa intervención, presentaranse os informes elaborados pola consultora Valora sobre o Impacto Socioeconómico do Proxecto e a Contribución tributaria e a Responsabilidade Social Corporativa (RSC) nos concellos de Touro e O Pino. Contaremos coa participación de Daniel Domínguez, director de Gobernanza e Reporting ESG de Valora, para explicar as principais conclusións dos estudos.
 
10:30 h. – Mesa redonda: «A reindustrialización de Galicia a partir do aproveitamento dos recursos naturais». Un espazo de diálogo no que expertos do sector analizarán o papel da minaría e dos recursos naturais como motores de industrialización, xeración de emprego e desenvolvemento económico en Galicia. Debaterase tamén sobre aspectos como a sustentabilidade, a innovación tecnolóxica ou as sinerxias co sector do metal.
 
Os relatores serán:
 
Enrique Mallón, secretario xeral de ASIME
Fernando Riopa, director xeral de Cobre San Rafael
Olalla Cuiña, presidenta de Inasus e vicepresidenta de Metaldeza
Carlos Martínez, director de Minería en Recursos de Galicia
 
Coa moderación por parte de Jennifer González, directora de Relacións Institucionais e Comercio Exterior de Asime.

11:10 h. O peche institucional correrá a cargo de María Borrás, presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia.

11:20 h. Café networking.

Tipo de evento
Jornadas

Fecha/Hora
29/05/2025
9:15 am - 12:00 pm

Ubicación
Sede del Círculo de Empresarios de Galicia


Reservas

Las reservas están cerradas para este evento.

Menú