MARÍA MARTÍNEZ ALLEGUE, CONSELLEIRA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS

Almuerzo coloquio
2:00 pm - 4:00 pm

“Construíndo a Galicia do futuro, máis humana e mellor conectada”

Convidada:

MARÍA MARTÍNEZ ALLEGUE

Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Xunta de Galicia

 

Pontevedresa de nacemento, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, María Martínez Allegue é funcionaria de carreira de administración local con habilitación de carácter nacional, na subescala de secretaría intervención e subescala secretaría de entrada.

Dende o 2003 desenvolve a súa carreira profesional vinculada á administración local como secretaria, interventora ou tesoureira en diferentes concellos das provincias de Pontevedra e da Coruña.

En 2010 foi nomeada directora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), desempeñando de seguido diferentes cargos nas áreas de vivenda (IGVS) e infraestrutura na Xunta de Galicia.

Nas últimas eleccións ao Parlamento de Galicia foi elixida parlamentaria pola provincia de Pontevedra.

Foi nomeada conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas polo decreto 44/2024 de 14 de abril, cargo que desenvolve dende entonces.

No seu perfil máis persoal a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras non se desliga de todo da súa profesión sendo unha persoa empática e considerada, coa absoluta convicción de que o respecto polas normas é a clave para a construción dunha sociedade na que prime a igualdade de oportunidades. Traballadora incansable, repasa cada decisión escoitando as diferentes perspectivas para garantir que a proposta é a máis adecuada para o ben común dos cidadáns.

Nai de catro fillos, destaca polo seu bo carácter pero defende con determinación a axilidade na resposta aos problemas que se presentan. Pide aos seus colaboradores ser resolutivos para garantir que o cidadán perciba que a política está ao servizo das persoas para resolver os seus problemas.

EXCLUSIVO PARA SOCIOS DEL CÍRCULO DE EMPRESARIOS DE GALICIA

Precio del almuerzo: 40 € (IVA incluido).

AFORO LIMITADO

Reservas antes del 18 de septiembre

Les informamos que el importe del cubierto será cargado en su cuenta de socio en caso de anulación de reserva con menos de 24h de antelación.

Tipo de evento
Almuerzo coloquio

Fecha/Hora
19/09/2024
2:00 pm - 4:00 pm

Ubicación
Sede del Círculo de Empresarios de Galicia


Reservas

Las reservas están cerradas para este evento.

Menú