
O próximo xoves, día 6 de novembro, apartir das 10 da mañá, desenvolverase en Santiago de Compostela unha xornada técnica sobre as liñas de financiamento empresarial da Empresa Nacional de Innovación (ENISA) e da Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e Xesgalicia.
A xornada técnica contará coa presenza de responsables de ENISA para informar sobre os préstamos participativos que ofrece a sociedade estatal, e incluirá igualmente un relatorio específico sobre o programa integral de financiamento Galicia 1.000, con especial incidencia no programa de préstamos directos IGAPE/JEREMIE.
A xornada técnica desenvolverase no salón de actos do Edificio administrativo do SERGAS, en San Lázaro, s/n.

























