
¡Buscamos talento para o Círculo de Empresarios de Galicia!
No Círculo de Empresarios de Galicia queremos incorporar un/unha profesional versátil, proactivo/a e con excelentes habilidades de comunicación, que queira formar parte dun entorno dinámico e en contacto directo co tecido empresarial.
Buscamos alguén organizado/a e creativo/a, capaz de combinar tarefas de xestión co desenvolvemento de contidos atractivos, e que se sinta cómodo/a interactuando con directivos/as e empresarios/as.
Responsabilidades:
- Xestión e organización. Apoio na planificación e execución de eventos, coordinación de axendas e xestión da loxística asociada.
- Creación de contidos. Deseño e edición de pezas gráficas e audiovisuais, uso de ferramentas de intelixencia artificial para optimizar procesos e xestión de publicacións en redes sociais.
- Relación e comunicación. Interacción con socios/as, executivos/as e colaboradores/as, representando o Círculo de forma profesional e próxima.
Perfil que buscamos:
- Excelentes habilidades de comunicación. Comunicación escrita e oral clara, cun trato educado, correcto e empático.
- Actitude proactiva. Persoa con iniciativa, que non espera instrucións e propón ideas e melloras.
- Capacidade organizativa. Perfil resolutivo, con atención ao detalle e boa xestión do tempo.
- Interese polo entorno empresarial. Sensibilidade cara á innovación, a comunicación e o mundo empresarial.
Localización: Vigo (presencial)
Tipo de contrato: Indefinido, tempo completo
Recepción de CV en circulo@circulo.gal ata o 6 de abril de 2026

























