CULTURA E EDUCACIÓN PON EN MARCHA NO GAIÁS OS ‘VENRES EMPRENDEDORES’, UNHA CITA MENSUAL CON CASOS GALEGOS DE ÉXITO

 

  • Rei Zentolo protagonizará o 6 de marzo a primeira xornada, ao que seguirán Alberto Rodríguez Montiel de FrutoDS, Óscar Santomé Estudio e Quattro IDPC
  • Os Venres Emprendedores constan dun coloquio informal e unha posterior sesión de networking onde intercambiar experiencias ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha no Gaiás os ‘Venres Emprendedores’, unha cita mensual con profesionais que no seu día deron o paso e hoxe constitúen un caso de éxito.

Esta iniciativa do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura busca transmitir a idea de que emprender é, sobre todo, unha actitude, unha cultura, unha forma de ver a vida e de transformar as ideas en produtos, en servizos, en melloras para a sociedade.

Deste xeito, os ‘Venres emprendedores’ organízanse a modo de coloquio onde catro personalidades do mundo do deseño e a publicidade permitirannos coñecer dunha forma creativa e orixinal a súa experiencia, cos seus poblemas e dificultades pero tamén os seus acertos. A interacción entre público e relatores facilitarase nunha sesión de networking informal posterior, onde todos os presentes poderán intercambiar experiencias e coñecementos ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño.

Publicidade e deseño

‘Venres Emprendedores’ arranca o vindeiro 6 de marzo cun dos casos de emprendemento galego máis notorios dos últimos anos: Rei Zentolo. Os responsables desta firma de deseño que mestura cultura popular galega coa estética do pop art anglosaxón abrirán estas xornadas emprendedoras transmitíndolle aos presentes as tres claves do seu éxito: “galeguidade, creatividade, universidalidade”.

A seguinte cita será o 10 de abril e o encargado de difundir os valores da cultura emprendedora será Alberto Rodríguez Montiel, director de proxectos de FrutoDS, o primeiro estudo de deseño de produto de Galicia.

Óscar Santomé Estudio chegará ao Centro de Emprendemento o venres 15 de maio para contar a súa experiencia como deseñador de interiores e a fórmula que utiliza para marcar a diferencia: o deseño e a creatividade como bandeira irrenunciable.

A última das catro citas emprendedoras será o 5 de xuño con Jaime Conde, director xeral da axencia Quattro IDCP, considerada unha das corenta mellores axencias de España pola revista ‘El Publicista’ e recoñecida polos seus últimos traballos para a empresa galega R.

De balde previa inscrición

As catro sesións terán lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura a partir das 18 horas. A entrada é de balde mais é preciso reservar praza enviando datos personais e a charla ou charlas ás que se desexa asistir ao mail promocion@cidadedacultura.org

Tras o coloquio, a xornada concluirá cunha degustación a cargo do Instituto Galego do Viño, institución pertencente ao Centro de Emprendemento do Gaiás, que facilitará o intercambio de experiencias.

 

¿Te ha gustado?

¡Compártelo en redes sociales!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.

Newsletter

Calendario de eventos

<<Feb 2024>>
LMMJVSD
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 1 2 3

Categorías

Menú