Ana Pontón: “Un país sen industria é un país sen futuro”

  • A portavoz nacional do BNG asegura que hai “ata 35 competencias no Estatuto que nunca se aplicaron”

  • Alerta de que “Galicia está quedando fóra do Next Generation’

Vigo, 22 de xuño de 2023.- “Cando deciden outros por nós, deciden contra nós”. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, protagonizou hoxe un acto da Tribuna do Círculo para defender unha maior presenza galega no Congreso dos Deputados e tamén unha maior proactividade do Goberno da Xunta, que “en catorce anos non conseguiu nin unha soa competencia”.

 

Equivocamos o modelo e estamos perdendo oportunidades. A enerxía non está a deparar creación de emprego senón todo o contrario. Así o asegurou Ana Pontón, aludindo a que Madrid, sen enerxía eólica, gañou 13.000 empregos industriais, mentres Galicia, con 4.000 aeroxeradores, perdeu 21.000 postos industriais.

A líder do BNG defendeu o aproveitamento do potencial eléctrico galego, “pero non a calquera prezo”, e avogou por unha planificación que defina cantidade, emprazamentos e retorno económico para o país. Ao mesmo tempo, reclamou unha tarifa eléctrica máis barata para Galicia. “Unha tarifa máis barata é unha vantaxe competitiva. Que haxa tarifas diferenciadas é unha decisión política, e xa as houbo”.

A industria é unha das prioridades do programa político do BNG, que entende que “un país sen industria é un país sen futuro”. Neste senso, fixa como obxectivo que o 25 % do PIB galego en 2030 sexa deste sector.

Non esquece, porén, os sectores máis tradicionais, defendendo a recuperación do rural, o 90 % do cal está abandoado, “ter capacidade para producir alimentos é estratéxico para o país, como se veu nestes anos”.

Do mesmo xeito, Ana Pontón reclamou un pacto pola ciencia e a innovación, para lograr que na vindeira década o peso da I+D sobre o PIB se achegue ao 2,5 %.

Peso político

Galicia está a perder peso demográfico, económico e político, mentres que “outros acaban condicionando a política do Estado a favor dun territorio”, dixo.

Dentro desa perda de poder, Pontón referiuse tamén aos fondos Next Generation, dos que “Galicia se está a quedar fóra. Xa o avisamos no seu día: ou se descentralizaba o xestión dos fondos ou as grandes empresas que actúan desde Madrid quedarían con eles”.

En todo caso, a portavoz nacionalista non desbotou responsabilidade da Xunta de Galicia, “catorce anos cun goberno que non logrou nin unha soa competencia”, subliñou.

Esta formación política ten contabilizadas ata 35 competencias recollidas no Estatuto Galego que nunca foron aplicadas.

Ligado a isto, considerou que as infraestruturas deberían ser competencia autonómica para poder definir un plan integral e que incorpore portos, aeroportos, estradas, autovías, autopistas e ferrocarril, “que é o modo de transporte de futuro, tanto para persoas como para mercadorías”.

Neste plan debe pasar pola conexión con Portugal, “que para nós é estratéxico. Hai que empezar a mirar máis a Portugal, cara Porto pero tamén cara Lisboa. Estamos a falar dunha das megarrexións europeos con máis potencialidade de desenvolvemento económico, pero non hai unha estratexia común”.

¿Te ha gustado?

¡Compártelo en redes sociales!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.

Newsletter

Calendario de eventos

<<Dic 2024>>
LMMJVSD
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

Categorías

Menú