Deputación de Ourense e Círculo asinan unha alianza a prol do desenvolvemento económico da provincia

  • No marco do acordo levaranse a cabo máis de 30 accións nos ámbitos do emprendemento, investimento, internacionalización, networking, Starup, pre-emprendedores e promoción de negocios
  • Manuel Baltar afirma que é «unha alianza estratéxica que traerá máis dinamismo, coñecemento empresarial, riqueza e emprego á provincia de Ourense»

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ámbalas dúas entidades para levar a cabo máis de 30 actuacións conxuntas na provincia de Ourense nos ámbitos do emprendemento e o investimento; desenvolvemento empresarial e Pemes; e promoción de negocios. «Esta colaboración público-privada supón «unha alianza estratéxica que traerá máis dinamismo, coñecemento empresarial, riqueza e emprego á provincia de Ourense», expresou Manuel Baltar.

O convenio permitirá desenvolver, entre outras, accións nos ámbitos Starup, agroalimentario (Galicia Market Place), organización de xornadas e encontros de networking empresarial, cooperación entre empresas, internacionalización de Pemes, talleres para pre-emprendedores, e foros de investimento. Os eixos fundamentais do acordo refírense a: emprendemento, para fomentar este ámbito e o investimento en Ourense, ademais de crear vías de colaboración e integración para axudar a construír un ecosistema galego potencial; desenvolvemento empresarial, con actividades para mellorar as oportunidades das pemes ourensás e facilitar o networking con outras rexións; e a promoción de negocios de Ourense, para difundir as oportunidades de negocios que ofrecen as empresas e os produtos ourensáns.

«Trátase dunha alianza estratéxica entre o goberno provincial e o Círculo de Empresarios de Galicia, no marco do Plan «Transforma Ourense», vencellado ao papel que exerce a Deputación de Ourense como axente dinamizador social e económico da provincia de Ourense para xerar, como administración pública, un espazo de oportunidades», destacou Manuel Baltar.

Precisamente, Baltar remarcou que froito do Plan «Transforma Ourense» a Deputación vén desenvolvendo iniciativas en colaboración con outras entidades, como o convenio con ABANCA, no marco do cal, nos últimos tres anos, «se puxo a disposición das familias, pemes e autónomos da provincia de Ourense uns 70 millóns de euros», e subliñou as alianzas da Deputación coa CEO e coa Cámara de Comercio de Ourense, e o acordo co Grupo de Investigación Governance and Economics research Network (GEN), que permitirá poñer en marcha un Observatorio Municipal de ámbito nacional e impulsar a investigación e divulgación referidas ao municipalismo. Tamén lembrou Baltar o acordo co Grupo Colmeiro, orientado ao sector turístico, agroalimentario e forestal, e o labor desenvolvido pola institución provincial na misión comercial USA-Ourense, celebrada en xuño do ano pasado.

Pola súa parte, Juan Güell dixo que esta é «a primeira vez que asinamos un convenio destas características, un acordo co que esperamos colaborar para impulsar proxectos de tipo tecnolóxico e atraer investidores á provincia de Ourense». Güell dixo que unha das principais misións do Círculo de Empresarios de Galicia «é promocionar a nova empresa nova, tentando que os proxectos conten non só con financiamento, senón tamén co impulso necesario noutros ámbitos empresariais».

image003

¿Te ha gustado?

¡Compártelo en redes sociales!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.

Newsletter

Calendario de eventos

<<Abr 2024>>
LMMJVSD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

Categorías

Menú