Inauguración exposición de escultura. Jose Perozo

Inauguración exposición de escultura. Jose Perozo

08 nov | 20:00 - 21:00

Bastións II supón a continuación da narrativa artística deste escultor vigués, que arrincou con grande éxito de público e crítica en Compostela no 2017.

É unha exposición composta dunha trintena de pezas cuxo nexo conceptual é a creación de hábitats e seres nos que se combina certo realismo máxico con unha estética postindustrial. Con referentes tan diversos coma o cine fantástico de Hayao Miyazaki ou a obra literaria de Alessandro Baricco, Jose Perozo parte da premisa de crear obras de gran presenta teatral e estenográfica combinada cun compoñente estético no que priman o industrial e o arquitectónico.

Cada unha das pezas pretende amosar a vulnerabilidade humana mediante a representación dos diversos refuxios que poden ser creados pola nosa especie para guarecerse das súas propias pantasmas: torres e fortalezas, estruturas de pensamento, máquinas voadoras… unha metáfora da beleza e a fraxilidade humanas nun código plástico e orgánico no que non faltan grandes doses de poética e beleza visual.

A exposición conta coa colaboración literaria de Sandra Lesta, autora dunha serie de relatos editados en forma de libro ilustrado por Auga Editora e cuxos protagonistas dialogan coa propia obra que habitan o mundo onírico que representa, fortalecendo esa visión de dentro e fóra e a presenza estenográfica do conxunto artístico.”

Referencias de prensa 2017:
http://praza.gal/cultura/15027/bastions-o-refuxio-e-a-coiraza-humana-como-escultura/
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bastions-primeira-exposicion-jose-perozo


 

Jose PerozoJose Perozo (Vigo, 1978) estudou Escultura na Escola de Artes Mestre Mateo, e Maquinaria Escénica e Construción de Decorados en Escénica Granada.

Dende o ano 1998 reside en Santiago de Compostela, onde se adica a construír no seu taller obxectos e estruturas, metáforas e composicións racionais, esculturas e decorados.

Actualmente compaxina o seu traballo como escultor coa escenografía e a construción de decorados para teatro, cine e televisión.

 

 


Jueves 8 de noviembre a las 20:00 h. 

ENTRADA LIBRE. 

Posteriormente se servirá un vino español


Parking bonificado: disponen de un 20% de descuento directo en el parking Rosalía de Castro s/n y un 15% de descuento en Parking Vigo (C/ Areal 142). Recojan en recepción el ticket descuento.


Lugar


Sede del Círculo de Empresarios de Galicia
Avenida de García Barbón, 62, Vigo, Pontevedra, 36201, Galicia
admin
Administrador
agenda@circulo.gal